Saltar ao contido principal

MAPA CONCEPTUAL





Mapa conceptual sobre algunhas figuras da historia das ideas lingüísticas para observalas dende unha perspectiva xeral 

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

IDEAS LINGÜÍSTICAS NO CINE

  1. THE MATRIX :      https://www.youtube.com/watch?v=VsWZu_boOKU Nesta escena, Neo fala cun “potencial” no Oráculo que sostén unha culler e parece dobrala sen esforzo coa mente. Cando Neo lle pregunta como o fai, o neno respóndelle que non tente dobrar a culler porque iso é imposible, e engade: "Só procura comprender a verdade: que non hai culler”. E segue: “se o fas verás que non é a culler a que se dobra, senón ti mesmo”.  A película móstranos que o referente (a culler) non existe na realidade de Matrix, senón que é unha construción mental baseada en códigos. Esta escena lévame a un dos temas tratados en clase: a relación entre a linguaxe, o pensamento e a percepción do mundo. Aquilo que percibimos non é a realidade en esencia. O que entendemos como “realidade” non é máis que unha construción mental que está condicionada pola linguaxe. Así, non é o obxecto o que cambia, senón a forma en que o concibimos, a través da linguaxe. Isto conecta entón coa teoría do...

INVESTIGACIÓNS FILOSÓFICAS

  Dende os Modistas e William de Ockham ata o xiro lingüístico e a filosofía analítica, estes puntos reflicten unha historia onde a linguaxe pasa de ser unha simple ferramenta de comunicación a un obxecto de estudo en si mesmo, crucial para a comprensión filosófica. Así, a linguaxe comeza a verse como elemento esencial para entender a maneira na que, para algúns, observamos a realidade ou, para outros, simplemente achegámonos a ela.  No caso de Wittgenstein, en Investigacións filosóficas, a linguaxe xa non é só un sistema de signos que representa a realidade, senón un conxunto de "xogos de linguaxe" que dan forma á nosa interacción co mundo e entre nós. Na súa visión, o significado dunha palabra non reside na súa referencia á realidade, senón que entender o significado de algo é observar o seu uso na práctica e en contextos específicos. Neste sentido, a linguaxe é unha “forma de vida” e para entendelo será necesario seguir o xogo. Wittgenstein inicia a obra citando unha descr...

LINGÜÍSTICA CON PERSPECTIVA DE XÉNERO

A falta de recoñecemento histórico non significa que non existiran mulleres lingüistas. Ao longo da historia, numerosas mulleres e colectivos marxinados traballaron en distintos ámbitos da lingüística, pero os seus nomes e os seus traballos foron esquecidos. Isto non é casualidade: obedece a estruturas de poder que privilexiaron certas voces, deixando outras na sombra. Ao invisibilizar estas figuras, estamos a aceptar unha historia incompleta e parcial, unha historia que non reflicte a riqueza das diversas achegas que se fixeron ao longo do tempo. Afortunadamente, nos últimos tempos houbo un esforzo consciente por recuperar estas voces. Un equipo internacional, liderado pola Universidade de Cambridge e coordinado por Wendy Ayres-Bennett e Helena Sanson, no que participa María Luisa Calero Vaqueira, profesora da Universidade de Córdoba,  tomou a iniciativa de visibilizar as achegas de mulleres na historia da lingüística para restaurar así unha verdade que foi fragmentada. Só ao inco...