Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: novembro, 2024

MAPA CONCEPTUAL

Mapa conceptual sobre algunhas figuras da historia das ideas lingüísticas para observalas dende unha perspectiva xeral 

INVESTIGACIÓNS FILOSÓFICAS

  Dende os Modistas e William de Ockham ata o xiro lingüístico e a filosofía analítica, estes puntos reflicten unha historia onde a linguaxe pasa de ser unha simple ferramenta de comunicación a un obxecto de estudo en si mesmo, crucial para a comprensión filosófica. Así, a linguaxe comeza a verse como elemento esencial para entender a maneira na que, para algúns, observamos a realidade ou, para outros, simplemente achegámonos a ela.  No caso de Wittgenstein, en Investigacións filosóficas, a linguaxe xa non é só un sistema de signos que representa a realidade, senón un conxunto de "xogos de linguaxe" que dan forma á nosa interacción co mundo e entre nós. Na súa visión, o significado dunha palabra non reside na súa referencia á realidade, senón que entender o significado de algo é observar o seu uso na práctica e en contextos específicos. Neste sentido, a linguaxe é unha “forma de vida” e para entendelo será necesario seguir o xogo. Wittgenstein inicia a obra citando unha descr...