Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: outubro, 2024

COLONIALIDADE E LINGÜÍSTICA

A lingua é moito máis que un medio de comunicación; é unha estrutura viva que reflicte e sostén as relacións de poder na sociedade. Ao longo da historia, as linguas dos pobos colonizados foron relegadas a un segundo plano, consideradas como primitivas ou insuficientes para expresar ideas complexas ou "civilizadas". Esta desvalorización non só nega a estes pobos o seu dereito para comunicarse nos seus propios termos, senón que tamén cuestiona a súa capacidade de pensar e comprender o mundo de maneira plena.  A medida que os imperios europeos estenderon os seus dominios, presentaron as súas linguas e culturas como formas superiores de coñecemento e como instrumentos esenciais para o progreso. A lingua do colonizador impúxose non só como unha ferramenta de comunicación, senón como o vehículo exclusivo da modernidade e o coñecemento. Este proceso de imposición lingüística foi apoiado por institucións educativas, relixiosas e políticas que presionaron aos pobos colonizados para qu...